Archive for Xullo, 2010

Xul 29 2010

Conversas no valado

Published by under palpuxeando

Alvarito e Elenita. Cinco e catro anos. Os xardíns das súas casas están separados por un valado de arames. Algunhas tardes xogan no xardín de Alvarito, outras parolan cada un no seu lado do enreixado de arame. Cando xogan xuntos a tarde remata ben. Cando só parolan, sempre sempre acaban discutindo.
Hoxe é día de parolar e el vai contando o moito que lle aconteceu, ten máis mundo pois xa vai á escola. Ela cóntalle o que escoitou na radio, que logo foi coa súa nai á tenda de dona Marta, sen esquecer o que fixo o Zar (o can). Escóitanse e falan sentados unha ao lado do outro separados polo enreixado. Elenita di algo que non convence a Alvarito. El ponse de pé e di:
– ¡Elena non!
Ela tamén levanta.
– ¡Elena si!
Xa están agarrados ao enreixado, unha enfronte do outro, as mans dela no medio das del. El repite:
– ¡Elena non!
Ela tampouco cala:
– ¡Elena siiiii!
Invisten un par de minutos nesta liorta verbal ata que Alvarito marcha para a súa casa. Ela vai movéndose polo enreixado para poder ver se el está na porta e escoita á nai de Alvarito:
– ¿Xa rifaches con Elenita outra vez?
Ela bota a correr cara á súa casa. Antes de pechar a porta berra:
– ¡Elena siiiiiiiii!

Comentarios desactivados en Conversas no valado

Xul 27 2010

Garlar

Published by under latín dos canteiros

Falar


__
A foto é de Raina Matar

Comentarios desactivados en Garlar

Xul 25 2010

Papiloso xido

Published by under latín dos canteiros

Libro

One response so far

Xul 23 2010

Canteiros

Hai anos, lera no País un artigo de Manuel Vicent que me recordara un encontro casual cun canteiro. Gústame Vicent, moito, tanto na súa faceta de novelista como na de articulísta. Cando saen os libros que recollen algúns dos seus artigos fáltame tempo para mercalos. El cuerpo y las olas tróuxome de novo aquel artigo que tanto me gustara e lembreime do canteiro e o noso encontro.
Parte do grupo co que eu andaba decidiramos pasar o día nunha aldea onde había un bar, dos de toda a vida, no que facían unhas tortillas riquísimas e tiñan bo viño. Alá fomos e, como aínda era cedo para atacar o viño e as tortillas, botamos a andar por un camiño que nos levou a unha igrexa ben pequena cun adro onde había un home sentado e apoiado no seu bastón. Saudámolo e entramos na igrexa. Ao saír os que me acompañaban foron ver o cemiterio e eu quedei para mirar con calma a igrexa por fóra. Chamárame a atención unha figura que había nun lateral. A pedra estaba moi gastada, case non se distinguían os trazos da cara. Entroume o aquel de tocala, dáme por aí moitas veces. Pasei a miña man por case toda a imaxe, ata onde mo permitía a altura, para deixala nun dos pés. Sentín que alguén estaba detrás miña e mirei que era o vello que saudaramos ao chegar. Pensei que me ía berrar por tocar a imaxe, así que me adiantei dicíndolle que me pasaba algo raro coas pedras e coas figuras de pedra que ás veces non podía evitar tocalas e deixar a man pousada, que xa sabía que non se debía facer, que se todo o mundo fixera o mesmo… O home botou a rir e díxenlle que debía pensar que estaba coma unha cabra. Contestoume que non, que o que me pasaba era que podía ter alma de canteiro. Contoume que os canteiros, cando ían buscar as pedras para facer os traballos, tocábanas e falaban con elas e así sabían se valerían ou non. Puxen cara de “non me creo nada, non imaxino a un home falando cunha pedra” e riu de novo dicíndome que non me estaba tomando o pelo, que el fora canteiro e non só falaba coas pedras, senon que elas tamén falaban con el. Por el descubrín que tiñan unha xerga gremial, o latín dos canteiros. Díxome palabras que parecían música: gambelo, xompela, xurufa…
“Xurufa” soábame. Así me chamaba, ás veces, o meu avó. Pero o meu avó era carteiro, que non é o mesmo. Cando cheguei á casa pregunteille ao meu pai se o avó fora sempre carteiro e resultou que non. Antes de ser carteiro colocaba dinamita na canteira. Xa cadraba algo máis a cousa.

Comentarios desactivados en Canteiros

Xul 21 2010

Abismar con xoidadelo

Published by under latín dos canteiros

Axexar

Comentarios desactivados en Abismar con xoidadelo

Xul 18 2010

Chirimboleira

Published by under latín dos canteiros

Música

Comentarios desactivados en Chirimboleira

Xul 15 2010

Cancións de amor

Ás veces, as ceas de colegas rematan cos cafés e as cancións tradicionais. Nesta acabaron cunha pseudo-psicanálise. Todo empezou porque alguén dixo que levaba días co Yesterday na cabeza.
– ¿Así que ti eras das beatleiras?
– Non tanto, pero esa era a miña canción de amor.
Sempre hai, nestes casos, quen non pode evitar facer propostas:
– ¿E que vos parece se cada un vai dicindo a súa canción de amor? A ver cantas coincidencias hai.
Ela pensou que tiña moitas. ¿Cal escoller? Por alí apareceron Brel, Milanés, Silvio, Collins, Serrat, Aute, os Rolling, Baglioni, Llach… Aquilo semellaba o das respostas do Un, dos, tres.
El só escoitaba, ata que alguén se decatou:
– Que caladiño estás, e a túa ¿cal é?
– Corazón contento.
– ¿Corazón contento? ¿Quen cantaba iso?
– Marisol.
Gargallada xeral. Ela riu máis, coñecía ben as argumentacións que daría. Cando remataron as risas, chegou a psicanálise: ¿namorácheste a primeira vez con esa canción?, en realidade ti estabas namorado de Marisol, ¿algunha nena que che gustaba parecíase a ela?, etc. Ata que falou o experto:
– Tes que recoñecer que esa non é unha canción de amor. Toda canción de amor que se teña por tal ten unhas características: un amor non correspondido, un abandono ou o que pasaría nun hipotético abandono, un amor a distancia, eloxios á persoa amada… E todo nun ton melódico, non a ritmo de verbena.
– Esas características que dis son máis de desamor. En canto ao ritmo… imos ver, cando vos namorades ¿estades alegres ou melancólicos? Eu son dos que me poño contento e desbordo alegría, ¡que lle vou facer! A miña canción de amor é Corazón contento, ¿algún problema?

Comentarios desactivados en Cancións de amor

Xul 13 2010

Papilosear

Published by under latín dos canteiros

Ler

__
*A foto é de André Kertész.

Comentarios desactivados en Papilosear

Xul 11 2010

Gurismar

Published by under latín dos canteiros

Ollar

Comentarios desactivados en Gurismar

Xul 08 2010

Entervar

Published by under latín dos canteiros

Escoitar

__
*A foto é de Margherita Vitagliano.

Comentarios desactivados en Entervar

Next »