Archive for Setembro, 2010

Set 29 2010

Oliverio Girondo: Yo no sé nada

Yo    no   sé    nada
Tú   no sabes  nada
Ud. no   sabe   nada
El   no    sabe   nada
Ellos no saben nada
Ellas no  saben nada
Uds. no saben   nada
Nosotros no sabemos nada
La    desorientación   de   mi   generación   tiene    su
explicación   en  la dirección  de  nuestra   educación,
cuya  idealización  de la acción, era  – ¡sin discusión!-
una mistificación, en contradicción
con nuestra propensión a la medi-
tación, a la contemplación y a la
masturbación. (Gutural, lo más
guturalmente que se pueda)
Creo  que  creo en  lo que
creo que no creo. Y creo
que  no  creo en lo
que creo que creo.
«C a n t a r   d e   l a s   r a n as»
¡Y     ¡Y      ¿A       ¿A     ¡Y       ¡Y
su     ba       llí        llá      su       ba
bo       jo          es           es        bo         jo
las      las          tá?            tá?       las        las
es        es          ¡A                 ¡A           es          es
ca       ca            quí                    cá            ca          ca
le        le            no                          no             le           le
ras      ras          es                              es             ras        ras
arri     aba         tá                                   tá            arri        aba
ba!…    jo!…       !…                                       !…            ba!…     jo!…

__
Do libro Obras

*Escrito en 1932. Hoxe, día da “folga xeral”, roubo estas palabras para adicárllelas ao 99% dos políticos e sindicalistas.

Comentarios desactivados en Oliverio Girondo: Yo no sé nada

Set 28 2010

Axabar

Published by under latín dos canteiros

Baixar


__
A foto é de emereci

Comentarios desactivados en Axabar

Set 28 2010

Sorribar

Published by under latín dos canteiros

Subir


__
A foto é de emereci

Comentarios desactivados en Sorribar

Set 27 2010

Doenzas crónicas

Published by under palpuxeando

Todos padecemos algunha doenza crónica. A miña é, entre outras, a da desorde vital. Os síntomas, máis frecuentes do que me gustaría, son:
No eido persoal acollerme á máxima de Scarlett O’Hara: estou cansa, xa o pensarei mañá. Ou se cadra pasado.
Gardar as cousas importantes en lugares estratéxicos para atopalas rápido e logo non recordar o puto lugar estratéxico.
Quedar con dúas persoas o mesmo día e á mesma hora en lugares diferentes.
Levar unha libreta no bolso para anotar TODO e apuntalo onde cadre: no libro que estou lendo, no recibo do caixeiro automático, no xustificante da tinturaría, etc.
Os lentes postos e botar unha hora na súa procura.
Volver facer ioga e dúas semanas máis tarde decatarme de que outra vez deixei de practicalo.
Chamar a alguén por telefono e pedirlle que se identifique porque non lembro con quen quería falar.
Cambiarlle o nome ás persoas. Por máis que me repitan o nome real, tanto ten: a miña mente non quere asimilalo.
Deixar as chaves na porta (por dentro) e nada máis pechala caer na conta e entrar en pánico por ter que pedirlle, outra vez, ao veciño que me deixe pasar do seu balcón ao meu.
Esquecer onde aparquei o coche.
Facer a lista da compra e deixala na casa.
Coma toda doenza crónica, esta tampouco ten cura. Hai tratamentos para alivialas, e acudo a eles, pero nin así consigo paliar o máis fodido dos síntomas: o aburrida de min mesma que me sinto ás veces.

Comentarios desactivados en Doenzas crónicas

Set 24 2010

Atranada (o)

Published by under latín dos canteiros

Farta (o)


__
A foto é de Inge Morath. Autorretrato.

Comentarios desactivados en Atranada (o)

Set 22 2010

Perreanza

Published by under latín dos canteiros

Enfermidade


__
Foto atopada aquí.

Comentarios desactivados en Perreanza

Set 19 2010

Manuel Lourenzo González: o Campás e as casas

Un día consultei o Campás sobre as casas.
-As casas -dixo coa súa paciencia proverbial- hainas de dúas clases: as de ladrillos, as de pedra e as demais. As demais non nos interesan, porque practicamente non son casas, son choupanas ou covas. Despois: as de ladrillos fanse. Os albaneis colocan uns bloques sobre outros e así levantan paredes, pisos e teitos. As de pedra, non; as de pedra nacen.
-Que nacen? Como é iso?
-Coma as plantas. Ti sabes que se botas unha semente, nace unha planta, non si? Pois as casas de pedra, igual.
-Botas semente?
-Si.
-Que semente?
-Semente de casas de pedra, que vai ser? Pedriñas, seixos, area, anacos de tella… Explicareicho. Ti debuxas cunha vara sobre a terra a casa que queres, cos seus dormitorios, a cociña, os corredores, balcóns, a sala… Despois, sobre os sucos que fixeches, deitas as pedriñas en fila. Logo, tápalo e esperas.
Eu estaba encantado con ese descubrimento, sempre pensara que a arquitectura era máis complicada. Inmediatamente, empezou a roldarme unha idea pola cabeza. A casa escola na que viviamos era cativa e fea comparada coas outras casas, e eu quería que vivísemos nunha casa mellor. Non entendía como o papá, que era tan mañoso, non plantara unha casa de pedra para Matilde.
-Hai que regala? -pregunteille.
-Ao principio. Logo, xa se encarga a chuvia. O que é máis importante é escoller ben o sitio: un lugar soleado e con vistas. Se hai auga preto, mellor.
__
Do libro O xardín das pedras flotantes

Comentarios desactivados en Manuel Lourenzo González: o Campás e as casas

Set 16 2010

Sampina

Published by under latín dos canteiros

Casa

Comentarios desactivados en Sampina

Set 13 2010

Arria

Published by under latín dos canteiros

Pedra

One response so far

Set 08 2010

Nomes que se repiten

Haberá tres ou catro semanas que o coñeceu. Daquela pensara no moito que se repite ese nome na súa vida, só ou composto. Hoxe, no almorzo, volveu pensalo e repasou a lista:
O tío, que en realidade era curmán da súa avoa. Tiña os ollos azuis, máxicos, calmos e fermosos, nos que quedaba prendida cando el falaba e sobre todo cando calaba. Del aprendeu o moito que se di estando calado.
O primeiro rapaz que lle roubou o corazón. Cando llo devolveu non viña completo. Con el quedou un cachiño.
O da primeira “infidelicidade”.
Aquel amigo nos tempos revoltos, o que lle lía o pensamento. Ese ao que un día despois do “¡Ola!” lle espetou aquilo de “¿cando pensas dicirme que es homosexual?”, ao que el respondeu con “¿e ti cando pensas dicirme que te deitas con fulanito?”
O seu veciño arranxatodo que a salvou de moitas desfeitas.
O que non entendeu o de “relación sen compromiso”.
O seu médico. Atopalo foi do mellor que lle aconteceu: deixou de pasar pola vida a camiñar por ela.
O profesor de portugués, con aquel sistema pedagóxico infalible: ¿que che dá vergoña falalo en público? Pois nada, despois do Boa tarde pasamos directamente ao Passou-lhe alguma coisa à nossa amiga nestes ultimos dias?, iniciando todas as clases con dez minutos de interrogatorio.
Tamén houbo un xefe, que confiou nela para o posto de Fada Madriña aínda que ás veces tivo que exercer de Maléfica.
O compañeiro na actividade altruísta, apoiando en todo e sempre coa palabra e a calma precisa nos momentos máis duros.
El, que tiña o don de facela cantar cual lindo lorito, co que tanto aprendeu, riu, gozou… Por el chorou toda unha mañá, ¡cinco meses despois do acontecido!
E logo están os dous compañeiros de estudos durante tantos anos, o señor do quiosko de toda a vida, o augardenteiro cos seus contos…
Co último grolo de café con leite concluíu que si, que son moitos co mesmo nome. Tamén é certo que o nome é bastante común, ¿será esa a razón?
___
*“infidelicidade”: palabra roubada do libro Infidelicidades

One response so far

Next »