Archive for Novembro, 2010

Nov 29 2010

Protocolo de emerxencia

Published by under palpuxeando

Doce da noite. Soa o móbil. A esas horas só podía ser Loli. Había tempo que non falaban.
– Ti, ¿cando tes pensado vir por aquí? Cómprenme uns viños.
– Pois nin idea, a cousa está complicada. E mira que o feito de que che cumpran uns viños é motivo suficiente para ir. Podes adiantarme algo agora e xa profundaremos cos viños diante.
– Sen viños non podo.
– Bueno, pois acudimos ao protocolo de emerxencia: colgamos, collemos unha copa de viño e un cigarro, saes á terraza e chamas de novo.
– Anda Pepe por aquí.
– ¡Como se fose a primeira vez que o facemos! Espera, ¿ten que ver con el?
– Non.
– ¡Veña! Colga e falamos en cinco minutiños.
Olga non se move, ela xa ten o viño e o cigarro.
– ¿Estás preparada para escoitar? E non rías moito.
– Pero se iso é a mellor parte do protocolo de emerxencias: escachar coa risa. Veña, larga.
– Estou enganchada a un personaxe da tele. ¿Ti ves Matalobos?
– Ás veces
– Bueno, pois o Carmeliño que me ten louca.
-¡Hahahaha!
– Non, en serio, que xa empeza a preocuparme o asunto.
– Muller, o tipo é guaperas pero no es nuestro tipo, porque metrochenta metrochenta non parece. ¿Xa cambiamos as características físicas dos nosos homes?
– Non entendiches. Non é o actor o que me trae de cabeza, é o personaxe.
– E o personaxe terá o corpo do actor, digo eu. Pois, de entrada, habería que darlles os parabéns aos guionistas e ao actor, ¿non? Algo terán que ver co asunto.
– Déixate de caralladas. Do que se trata é de que me pon e ¡moito!, e canto máis cínico e máis ruín máis me gusta ¡Que ata soño con el!, ¿paréceche normal?
– Ui, si, non é normal, creo que están mutando os teus instintos e xa non digamos os teus principios, porque o tipiño las tiene todas: machista, estorsionador, asasino…
– Pois iso é o que me preocupa.
– Si que é grave a cousa. Mira, ¿e soñas durmida ou esperta?
– Durmida, claro, pero penso nel máis do que quixera. E non me veñas co de “éche normal”, que xa te vexo. ¡Non é normal!
– ¿E desde cando nos preocupa a famosa normalidade? Si que estás mutando, si. ¿Non quedaramos que nos acolliamos a aquilo de “a normalidade axústase ás normas fixadas de antemán” e como no dicionario non especifica quen ten que fixalas, cadaquén que poña as súas? ¿Para que darlle máis voltas?
– Non sei, filla, nunca tal me pasara.
– Xa, pero pensa unha cousa: se é certo o dito de que os vellos son coma nenos a ti, que che quedan quince anos para xubilarte, tocaríache volver á adolescencia nestes momentos.
– ¡Era o que me faltaba!
– Éche o que hai. Oes, ¿e que facedes nos soños ti e o narco?
– Iso queda para o viño presencial, e con tres copas enriba polo menos.

One response so far

Nov 27 2010

Chumo catrulo

Published by under latín dos canteiros

Viño tinto


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Chumo catrulo

Nov 25 2010

Xarufear

Fumar


__
Na foto Blanco Amor. Imaxe do libro A ollada do desexo

Comentarios desactivados en Xarufear

Nov 23 2010

Luisa Villalta: quen terma de quen

Levamos un país vello sobre os ombros. Pesan moito os séculos de historia aínda que non os contabilicemos, aínda que vitorias e derrotas sexan completamente descoñecidas para a maioría da xente galega. Aínda así pesan, porque acumulan as eivas e os atrancos que nos fixeron calar. Isto é o que se coñece como complexo de Anquises na linguaxe da psicoanálise e que vén a descreber como as persoas ven lastrado o seu progreso cando teñen que termar do seu proxenitor, vello e impedido, pero aínda autoritario, igual que aconteceu a Eneas cando tivo que saír de Troia co seu pai Anquises sobre os ombros. O noso país é vello e non o damos posto de pé. Pero acontece que por veces algúns dos nosos, que nos precederon na orde cronolóxica, que nos deron e cederon portanto algunha orientación para o camiño, que nos deixaron a testemuña aínda vigorosa da súa palabra, son quen de reducir paradoxalmente o peso dese lastre e de facer, se non máis fácil, cando menos máis factíbel o noso progreso como pobo. Tal acontece con Antón Avilés de Taramancos, quen por estes días cumpre dez anos de ausencia física entre nós e asemade revalida a vitalidade irredutíbel da súa poesía, do seu exemplo ético como galego de nacencia e de conciencia, por non falar xa da pegada indelébel que o seu calor humano deixou en todas as persoas a quen nos honrou coa súa amizade. Se toda a nosa historia fose así un construir, máis que un acumular, fragmentar e derrubar; se cada unha das nosas actuacións fosen un contínuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozariamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso. Mais para iso teríamos que dar completamente a volta á maneira de entender e recoñecer tanto o presente como a nosa historia. “Somos ananos enriba de ombros de xigantes”, dicía o monxe medieval Bernardo de Chartres e argumentaba que, se somos quen de ver máis lonxe e ser portanto máis coñecedores, é grazas a estatura deses xigantes que sustentan o noso andar e o noso progresar. Sen dúvida ningunha, Antón Avilés de Taramancos é un deses xigantes que segura e teimosamente continúa aí a termar de nós.
__
Artigo escrito no 2002. Libro das colunas
Sen dúvida ningunha, Luisa Villalta é un deses xigantes que segura e teimosamente continúa aí a termar de nós.

Comentarios desactivados en Luisa Villalta: quen terma de quen

Nov 21 2010

Arangues

Published by under latín dos canteiros

Galiza


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Arangues

Nov 19 2010

Bouquiño

Published by under latín dos canteiros

Vello


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Bouquiño

Nov 17 2010

José A. Goytisolo: Leyendo a Castelao

Afuera llueve sin misericordia
sobre la tierra blanda sobre la hierba fría
sobre los árboles transidos y también sobre el mar
y sus acantilados centelleantes
mientras que aquí yo sigo leyendo a Castelao
y le siento tan vivo como siempre lo estuvo
palpitando en las hojas nerviosas y en las líneas de fuego
pienso en Sarria de Lugo donde hace algunos años le leí
y en el olor de vaca de sus campos
cruzados por el viejo Camino de Santiago
o por el empedrado de las legiones romanas si prefieren ustedes
y en el cura de Láncara y en la hermosa Tía Juana de Fidel
y vuelvo atrás y caigo ahora en el hoyo
de Orense y veo a Pepe Valente hecho un primor
hablándome de la piedra de Tangaraño
por la que fue pasado cuando chico
y salto hasta Cambados y muerdo el duro pulpo picantísimo
y antes de regresar cambio en Monforte
mi tren por otro tren
y vuelvo a Castelao y acaricio palabras y dibujos
porque evidentemente es un hombre al que amo.
__
Do libro Los poemas son mi orgullo

Comentarios desactivados en José A. Goytisolo: Leyendo a Castelao

Nov 15 2010

Arrueiro

Published by under latín dos canteiros

Camiño


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Arrueiro

Nov 13 2010

Oreta

Published by under latín dos canteiros

Chuvia


__
A foto é de argo_72

Comentarios desactivados en Oreta

Nov 11 2010

Atendelas, máis que nada

Published by under palpuxeando

Ramón e o seu pai están atando as viñas. A Ramón gústalle ese labor, axúdao a baleirar a mente. Ao pai sucédelle o contrario, sempre lle dá por matinar. O pai pregunta:
– E logo, ¿Lucía como non veu?
– Xa cho dixen, está facendo un curso de parapente.
– Certo… parapente. ¿E como lle deu por aí?
– Pois non sei, xa sabes como é.
– Non sabes. Pois deberías saber, é a túa muller. Se ti non sabes… ¡vouno saber eu!
– ¿A que vén iso?
– Vén a que ás mulleres hai que entendelas e máis que nada atendelas, que logo pasa o que pasa: ou se botan á bebida ou ás pastillas ou marchan con outro. Ti aínda vas tendo sorte se só lle da por voar, pero voando voando nunha destas non volve.
Ramón virouse para coller un vimbio, aguantando a risa. Seguiron co traballo. Ao pai deulle por asubiar, a Ramón por cavilar.

Comentarios desactivados en Atendelas, máis que nada

Next »