Archive for Marzo, 2011

Mar 26 2011

Begoña Caamaño: carta de Penélope a Circe

Que brutal e absurda crueldade a dos vencedores que non satisfeitos coa vitoria humillaron tan vilmente os vencidos. Que mentes tan retortas e lixadas han ter os homes para gozaren aldraxando a quen xa teñen derrotados. U-lo suposto aprecio pola nobreza e a valentía? Non satisfeitos con gañar, procuran a aniquilación completa de quen ousou xogar á guerra do lado dos derrotados. Toda forma de consideración élles allea. Descoñecen a mesura e a xenerosidade e, non contentos coa morte do inimigo, coa conquista do seu territorio e a apropiación dos seus bens, queren humillalos até despois de mortos, usando os corpos das mulleres dos vencidos para perpetuaren a súa vitoria alén da morte. Non é o desexo de muller o que os leva a repartirse as esposas dos adversarios mortos nas súas mans, senón o insaciábel afán de conquista, a necesidade enfermiza de posuír todo o que pertencía ao inimigo, o pracer de lles arrebatar até o máis íntimo recuncho do seu dominio. O corpo das mulleres tomadas é para eles o último reduto do campo da batalla, e ao penetralas non perseguen a carnal sensualidade, senón continuar até o límite co pracer da conquista. (*)
(…)
Este é un mundo de homes, no que nacer muller é sinónimo de ser portadora de desgrazas. Súas son as guerras e as vitorias, seu é o poder e súas as palabras.
__
Do libro Circe ou o pracer do azul
(*) Documental “Violencia sexual: la guerra invisible” (RTVE)

Comentarios desactivados en Begoña Caamaño: carta de Penélope a Circe

Mar 24 2011

Acalmadeira

Published by under latín dos canteiros

Guerra


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Acalmadeira

Mar 22 2011

Afarracar

Published by under latín dos canteiros

Roubar

Comentarios desactivados en Afarracar

Mar 20 2011

Uns bitles

A nena está xogando no xardín coa súa boneca, a Nicoleta, e o can. Ás veces o can fai de cabalo que a boneca monta para dar unha volta. Da habitación de Lito sae unha música que a nena nunca escoitara. Arrastra unha cadeira ata a ventá e sobe a ela para ver o que acontece. Lito está movéndose arredor dunha cousa que ela nunca vira.
– ¿Que é iso?
– Son os Beatles.
– Bitles. ¿Mercáchelos?
– Si.
– Quero subir ao cabalo coa Nicoleta, ¿axúdasme?
O mozo non contesta. Ela baixa da cadeira e vai correndo a contarlle á boneca que agora Lito non pode subilas ao cabalo. Pola ventá sae a mesma música unha e outra vez. A nena déitase na herba e, seguindo o compás coa cabeza, súmase ao coro:
– …llelousandurin… llelousandurin… llelousandurin… güiol libin… llelousandurin… llelousandurin…
A nai da nena sae da casa para tender a roupa. Ela, ao vela, levántase dun chimpo.
– Mamaíña, cando vaiamos á tenda ¿podes comprarme unha cousa? Eu quería uns bitles…

Comentarios desactivados en Uns bitles

Mar 18 2011

Xambrear

Published by under latín dos canteiros

Bailar


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Xambrear

Mar 16 2011

Guicharola

Published by under latín dos canteiros

Nena


__
A foto é de Alberto Korda

Comentarios desactivados en Guicharola

Mar 14 2011

Mohammed Al-Kali: Amor

No te diré que tu voz tiene el aroma de la mañana,
Ni que eres el apacible río del desierto,
No te diré que tus ojos son de gacela,
Ni que tu cabello es más suave
Que la brisa de la tarde.
No te diré que tus movimientos
Tienen la delicadeza del vuelo de la cigüeña,
Ni que transmiten la serenidad de las faldas de las montañas
Que están en la solana.
Porque no es verdad, tu cuerpo es normalucho,
Pero cuando no estoy contigo enfermo de melancolía.
__
Do libro El vuelo de la cigüeña, Patxi Zubizarreta (Ikeritz Asc. Estudio Difusión Cultura)

Comentarios desactivados en Mohammed Al-Kali: Amor

Mar 12 2011

Goreo

Published by under latín dos canteiros

Voz

02 Pedra De Sal

Pedra de sal, de Xabier Díaz
__
Cando escoito cantar a Xabier todo se para. Só sinto o efecto que producen os matices da súa voz. Por iso, para min, esa voz é pura marabilla.

Comentarios desactivados en Goreo

Mar 10 2011

Xerer

Published by under latín dos canteiros

Amar


__
A foto é de Bogdan Konopka

Comentarios desactivados en Xerer

Mar 08 2011

Mª Victoria Moreno: moceando

Onte liguei, e paseino ben, e pasouno ben o mozo, e pasárono ben catro mulleriñas que se chutaban nos butacóns máis próximos ós nosos. Préstame hoxe falar disto porque a sala de tratamentos se encheu dunha luz adolescente aínda que fóra, contra os vidros das fiestras, chovía a Deus dar…
Ben, o de mozo dígoo porque moceamos, mais o meu ligue é un cincuentón coma min, labrego e ben plantado, no que eu xa reparara hai algúns días. Neste lugar de vicio e pecado, onde cada un de nós recibe o seu pico coa fórmula precisa e no tempo oportuno, resulta moi doado, e tamén moi proveitoso para o espírito, observar os seareiros, as súas reaccións, os seus xestos, as trazas que deixou a vida nas súas bocas e nas súas mans, as miradas… E eu decateime de contado de que había un paisano que flipaba por min; mirábame con arroubo, esbozaba un sorriso, insinuaba unha atención… A cousa non deixaba de facerme graza, pero de aí non pasou nunca. Ben, non pasou nunca ata a sesión de onte.
A cousa foi que eu cheguei cando el xa estaba alí e tiña enchufado o seu chute. A butaca da súa dereita estaba libre, sentei nela, dei os bos días e dispúxenme, coma sempre, a contemplar a galería de personaxes que poboan o noso antro preferido. Mais el, que se chama Máximo, non me deu moito vagar e comezou a enguedellarse e a enguedellarme nunha conversa que aínda hoxe continúa. Falábame da crueza da vida labrega, dos traballos, das inclemencias do tempo, do pouco diñeiro que se consegue cos produtos… Eu escoiteino un cacho e despois, só por xogar un pouco, púxenme a levarlle a contra.
__
Do libro Diario da luz e a sombra

Comentarios desactivados en Mª Victoria Moreno: moceando

Next »