Archive for Maio, 2011

Mai 26 2011

Chelo Suárez: na intimidade

Disimulada por unha mata de madreselvas, había unha porta que comunicaba o xardín das monxas co calello das putas. Non era a primeira vez que coa desculpa de aplicar emplastos a unha enferma, a dos Sagrados Corações cruzaban a fronteira do prohibido. Algunhas noites desenvolviase dunha banda do xardín á outra un tráfico de misteriosas sombras. Cando Trindade era un neno, temíalle aos espectros. Agora sabía que era un máis dos moitos prodixios que acaecían entrambas as dúas institucións, ao parecer conectadas por moi secretos vínculos.
Algunhas noites, dende os seus cuartos, as prostitutas escoitaban os rezos das monxas no convento, reforzados polo sinistro estourante son do flaxelo. Na intimidade das celas, as Odiseas, ao mortificarse, caían en arroubos místicos. Delirios que acadaban cotas de gran sensualidade, semellante á que neses momentos experimentaban as veciñas do calello en brazos dos seus amantes. Polo tanto, as putas en directo e as monxas polo abstracto alcanzaban ás veces ao unísono o clímax.
__
Do libro Os milagres de Cristamar

Comentarios desactivados en Chelo Suárez: na intimidade

Mai 24 2011

Cutufante

Published by under latín dos canteiros

Pracenteiro


__
Foto de Codrin Lupei

Comentarios desactivados en Cutufante

Mai 22 2011

Lumia

Published by under latín dos canteiros

Puta


__
Xogo de cartas

Comentarios desactivados en Lumia

Mai 20 2011

Mario Benedetti: Todo es adrede

De todos los tiempos, los viejos y los nuevos, quedan las virutas de la vida. A pesar de las tropas invasoras, de las religiones que bendicen las guerras, de los profesionales de la tortura, de los imperios del asco, de los amos del petróleo, del fanatismo con los misiles. A pesar de todo, van quedando las virutas de la vida. A ellas nos abrazamos y encomendamos, con ellas nutrimos nuestra endeble conciencia y alimentamos sueños y ensoñaciones.
Todo es adrede, bien lo sabemos. Desde el maleficio de las drogas hasta el desmantelamiento de la juventud. Todo está destinado a que no creamos en nosotros mismos y menos aún en el prójimo indefenso.
Nos obligan a vender por peniques el patrimonio virgen, y en el mercado del cambio compran sentimientos con promesas. Todo es adrede: los celos y el recelo, sospechas y codicias, odios en desmesura, el rencor y la pugna. La consigna es someternos, mentirnos el futuro, reconocernos nada.
Todo es adrede y por eso construyen ideologías/basura donde intentan moler las virutas de la vida. De la vida. La nuestra. Ah, pero no podrán. También nosotros creamos nuestro adrede. Aposta lo gastamos. Y adrede ya sabemos cómo sobrevivir.
__
Do libro Vivir adrede

Comentarios desactivados en Mario Benedetti: Todo es adrede

Mai 18 2011

Xoder

Published by under latín dos canteiros

Poder (verbo)


__
A foto é de Rania Matar. Titúlase Looking Out.

Comentarios desactivados en Xoder

Mai 16 2011

Atuir

Published by under latín dos canteiros

Impedir


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Atuir

Mai 14 2011

O que garda sempre ten

Published by under palpuxeando

Si, e sempre ten máis que limpar se segue gardando, máis que tirar se decide que non o precisa e tamén máis que lembrar cada vez que atopa de novo eses tesouros. Desta volta foi un recibo de Lorenzo e Gianni —parrucchieri per signora— ricevuta fiscale. ¡Canta maxia ten un papeliño! Levouna a unha rúa preto da famosa fonte de Neptuno en Bolonia pola que camiñaba de vagar ata que lle chamou a atención unha porta na que había un letreiro, estilo anos setenta, anunciando unha perruquería. Non o pensou moito e timbrou, subiu os dous andares e recibiuna un home de cincuenta e tantos anos. Co dicionario cubano-italiano na man, pero sen abrilo, explicouse: quería lavar e peitear. O home mandouna sentar e deulle unha revista do “corazón” para que lera mentres esperaba. Ela nin a abriu, estaba marabillada coa decoración da estancia: o mobiliario non era estilo anos setenta, era dos anos setenta. O perruqueiro rematou de poñer os rulos a unha señora, colocouna no secador e levou á nova clienta ao lavacabezas para deixala, ao rematar, sentada enfronte do espello dándolle de novo a revista. Ela pasaba as follas sen pararse moito ata que chegou a unha reportaxe onde falaban da estrea dunha película e do seu protagonista: Alessandro Gassman. Preguntou ao perruqueiro se ese home tiña algo que ver con Vittorio Gassman, contestou que era o fillo e ela comentou que algo de parecido tiñan ao que el respondeu cun “é moito máis guapo que o pai” co que ela non estivo moi de acordo:
—Mmmm… O pai tiña un tremendo atractivo incluso sendo maior, unha voz marabillosa e o sorriso máis canalla do mundo —dixo acompañando as palabras cunha ollada pícara.
O perruqueiro mirouna estrañado e non contestou, parou de secarlle o pelo e foi xunto á muller dos rulos. Ela pensou que seguro que non a entendera con esa mestura de galego-italiano-castelán que empregou e buscou no dicionario as palabras axeitadas para facerse entender mentres el sacaba os rulos, cardaba, peiteaba e botáballe unha enormidade de laca á outra clienta sen parar de falar e rir. Cobroulle, despediuna cun bico e volveu, serio, a rematar de peitear á estranxeira. Ela retomou o tema co seu italiano de dicionario. El movía a cabeza ata que apagou o secador e achegouse a unha cómoda da que sacou unha publicación, que resultou ser un calendario, deixándolla nas mans. Acendeu de novo o secador e seguiu, con certo ímpeto, co seu traballo. Ela foi pasando as follas e, aguantando a risa, recoñeceu que Alessandro era belo… belísimo, axudando así a que o cepillo escorregase con máis suavidade. Non falaron máis ata que ela se achegou ao mostrador para pagar e devolver o calendario. Mentres ela buscaba a carteira no bolso el pasaba as páxinas do calendario deixándoo aberto enriba do mostrador. Cando ela levantou a vista mirou a foto e logo ao perruqueiro que facía o típico xesto italiano, ese das puntas dos dedos xuntos co movemento das mans de diante para atrás.
Recordaba vagamente aquela foto. Decidiu buscar o calendario na rede, ese gran almacén de cousas gardadas, só que aquí nin estorban nin hai que limparlles o po. Atopouno. A foto é espectacular, sen dúbida. Aínda que ela segue preferindo o sorriso canalla, o atractivo da madurez, e a voz de Vittorio.

Comentarios desactivados en O que garda sempre ten

Mai 12 2011

Oreteira

Published by under latín dos canteiros

Fonte


__
Foto de Paulo Alves Teixeira

Comentarios desactivados en Oreteira

Mai 10 2011

Anumbrar

Published by under latín dos canteiros

Gardar

Comentarios desactivados en Anumbrar

Mai 08 2011

Teresa Moure: hai momentos na vida

Que, a pouco que se pense, resulta sorprendente o xeito perfecto en que funciona o mundo. O asúnto é que tamén podería tratarse da humidade ambiental, ou da temperatura, ou podería tratarse da conxunción de planetas no universo, ou da vontade divina, ou de Fortuna, que é caprichosa, ou das ondas que saen da aura que cada un irradia, ou vaia vostede saber de que, mais por unha estraña alianza das forzas ocultas ou evidentes, suxeitas ou non á gravitación universal, hai momentos na vida en que todos sentimos que algo importante vai acontecernos. Que se cheira no ambiente a sensación. Hai un aroma a vainilla, a canela, a terra mollada, a café acabado de facer, a po voando nunha raiola de sol, a castaña asada, a can mimoso, a mexo de bebé, a té de pétalos de rosa, a pel dos brazos en día de calor, a folla de libro vello; un aroma, como se pode observar da devandita enumeración, ben característico, que non se asemella a ningunha outra cousa. E quen ten a sensación de que algo importante vai pasar na súa vida anda con sorriso premonitorio, o pelo ben botado sobre a cara, a inseguridade da adolescencia nas mans e o andar con pés de manteiga, que non é a figura máis grácil das que se poden contemplar a de alguén que sabe que algo importante está a punto de acontecerlle. E, por suposto, sempre hai persoas lerdas e pailanas, pesimistas, amoucadas, abatidas, pechadas dentro de si, que cren en todo momento que a vida que levan, non importa se feliz ou apurada, se ordenada ou apaixonante, esa vida que habitan cada día é un edificio construído que vai permanecer sen cambios ata o día mesmo da morte. Inconscientes! Ignorantes! Inconsistentes! Esquecen que a constrúen cada momento e que en cada momento poñen pedras coas que levantan a parede. Unha mirada intensa a un estraño, unha carta que nunca chegou ao seu destino, un accidente inesperado, un microbio invisible, unha idea fugaz pasando pola cabeza poden estragalo todo, absolutamente todo. Canto máis se iso tan importante que vai suceder é obxectivamente algo importante, non algo que te estremece a ti que es un ser estremecible, senón algo que estremecería aos mesmos alicerces nos que Atlas fai descansar a bóla que habitamos.
__
Do libro Herba moura

Comentarios desactivados en Teresa Moure: hai momentos na vida

Next »