Archive for Xuño, 2011

Xuñ 11 2011

Nomes

Published by under palpuxeando

– Oes papá, ¿como se chamaba aquel xastre que tomaba o café no teu bar de Montevideo? Aquel que me fixo o gabán vermello e as saias plisadas.
– Que che fixo e que che regalou. ¿Acórdaste del? Pois mira que non pasaron anos.
– Moitísimos, e non me lembro do seu nome.
– Sempre viña polas once, despois de comprar o xornal e sentábase a lelo mentras tomaba o café. Os días que ti estabas no bar e o vías ías correndo para a súa mesa, sentabas en fronte del e dábaslle os bos días. El baixaba o xornal, contestábache e preguntábache se te podía convidar a algo. Ti sempre dicías “non, grazas” e el volvía subir o xornal, pero non tan aberto como o tiña antes, e finxía ler. Ti inclinábaste para poder verlle a cara e el aproveitaba para pasar a páxina e abrilo un pouco máis ata que chegaba un momento que baixabas da cadeira e lle preguntabas se non había un conto no xornal. El pasaba as páxinas, facendo que buscaba o conto e, cando che dicía que xa o atopara, ti sentabas de novo e apoiabas no respaldo da cadeira esperando que cho contase. Non había contos no xornal, inventábaos e facía que o lía. Diso non te acordas, ¿non?
– Non. Pero ¿como se chamaba?
– Téñoo na punta da lingua.
– Ben, non te preocupes. Xa o lembrarás. Vou axudarlle a mamá.
Ao pouco aparece coa resposta
– Benedetti, era o señor Benedetti.
– Vaia, coma o poeta.
– ¿De quen falades? – pregunta a nai.
– Do xastre que me fixo o gabán vermello.
– Non se chamaba así.
– ¡Ai, non! Vasmo dicir a min. E logo, ¿como se chamaba?
– Non me acordo, pero non era Benedetti.
– Faime caso, se o saberei eu. Era o señor Benedetti.
– Porque ti o dis.
– Non vos preocupedes, tanto ten.
Un par de horas despois o pai chamouna ao móbil:
– ¿Oíches? E tiña razón túa nai. Non era Benedetti, acabo de acordarme: era o señor Cortázar. Xa a estou escoitando cando llo diga, con iso de “xa che dicía eu que non era pero como ti sempre queres levar a razón.”

Comentarios desactivados en Nomes

Xuñ 09 2011

Delontos

Published by under latín dos canteiros

Contos


__
Foto de Steve Schapiro

Comentarios desactivados en Delontos

Xuñ 07 2011

Jilfante

Published by under latín dos canteiros

Xastre


__
Foto de Julio César Hernández

Comentarios desactivados en Jilfante

Xuñ 02 2011

Con xuño, chegou María Mariño

SINTO
Sinto, sinto un zoar xordo. Vexo, vexo e non de ollar.
Teño forza que non chega a min de certo a alentar.

¡Ouh voz de faro, entre néboas, cánto teño de ti sin te oir!;
dasme luz nesta borrasca, daslle sentido ó vivir.

Sempre é do mismo xeito o teu vello cantigar.
Eres pouco, eres muito, eres un mar i outro mar.

Falas o teu saber e sempre dis o teu calar.
Hoxe que non me encontro e ten medo o meu tecer,
achégate, ven a min, deixa xa de lonxear.
__
Do libro Os cen mellores poemas da lingua galega.

Comentarios desactivados en Con xuño, chegou María Mariño

Xuñ 01 2011

Deunios-ju

Published by under latín dos canteiros

Xuño


__
Xuño, séptimo mes no calendario inca

Comentarios desactivados en Deunios-ju