Archive for Xullo, 2011

Xul 02 2011

Con xullo chegou Manuel Antonio

OS CÓBADOS NO VARANDAL

Atopamos esta madrugada
na gaiola do Mar
unha illa perdida

Armaremos de novo a gaiola
Vai a saír o Sol
improvisado e desourentado

Xa temos tantas estrelas
e tantas lúas sumisas
que non caben no barco nin na noite

Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar cas distanzas
das súas áas amplexadoras

E os adeuses das nubes
mudos e irremediabes

E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
co seu viaxe feito
polos oucéanos do noso corazón.
__
Do libro De catro a catro

Comentarios desactivados en Con xullo chegou Manuel Antonio

Xul 01 2011

Dejulios-ju

Published by under latín dos canteiros

Xullo


__
Xullo, oitavo mes no calendario inca

Comentarios desactivados en Dejulios-ju