Archive for Outubro, 2011

Out 09 2011

Mirando un escaparate

Published by under palpuxeando

—Avoa, ¿sabes quen se fixo unha foto coma esa?
—¿Como cal?
—Coma esa, a da rapaza que está espida.
—Non.
—A túa filla.
—¿Túa nai ten unha foto así?
—Si, bueno, parecida porque a esa míraselle o peito e a túa filla non se lle mira nada, pero está espida.
—E, ¿saíu ben? Quero dicir, que se está guapa.
—Bueno, está ben. ¿Non lle vas dicir nada? Porque está espida.
—Pero non se lle ve nada.
—A ver avoa, xa che dixen que non se lle mira nada pero está espida, ¿a ti non che importa que a túa filla teña unha foto así?
—Pois se está guapa e non se lle mira nada… Ademais non a vai poñer nun museo, está na vosa casa.
—Si, e aínda non sabe onde poñela. Eu dígolle que no seu cuarto quedaría ben e ela di que xa o pensará e xa van cinco días e aínda non o pensou. ¿Que che parece?
—Paréceme normal, á túa nai sempre lle leva tempo decidir onde colocar as cousas.
— Xa, ben. Creo que vai ser mellor que llo conte ao avó.

Comentarios desactivados en Mirando un escaparate

Out 07 2011

Retrata

Published by under latín dos canteiros

Fotografía


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Retrata

Out 05 2011

Ghinear

Published by under latín dos canteiros

Teimar


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Ghinear

Out 02 2011

Con outubro chegou Manuel María

SONETOS DE AMOR E VIDA
VII

ANDO a pedirlle á vida: luz, beleza,
delicadeza xentil, unha canción,
a virxinal tempestade da paixón,
o dereito a diñidade e a enteireza.

Pídolle, amiga, que a frol do corazón
se peche ao odio e a vileza
e que se abra ao amor, a sinxeleza,
ao latexar sinceiro da emoción.

Cando sinta chegar o meu remate
agardarei, sereamente, o propio fin
recebendo a lanzada que me mate.

Pois, co decorrer dos anos, aprendín
como podo vencer neste combate:
¡amando á vida pra que ela me ame a mín!
__
Do libro As lúcidas luas do outono (Ed. Vía Láctea)

Comentarios desactivados en Con outubro chegou Manuel María

Out 01 2011

Octubremes

Published by under latín dos canteiros

Outubro


__
Outubro, undécimo mes no calendario inca

Comentarios desactivados en Octubremes