Archive for Decembro, 2011

Dec 20 2011

Anxos Sumai: doce felicidade

Cando parecía que estaba a punto de caer baixo a pesada resignación dos anos, o señor Matías bateu coa man na mesa da portería e, teso coma un garabullo, principiou uns pasos de baile. Cantaruxou un bolero que Felisa tamén coñecía, agarrouna pola cintura e bailaron uns minutos ata que ela o escorrentou cunha labazada no ombro. Afastábao porque lle doían as pernas, porque non era quen de seguir os pasos áxiles do porteiro, porque se ruborizaba e non quería que el soubese do seu vello desexo. Separouse del. Recompuxo os baixos da saia e o escote da blusa, agarrou o bolso con mans tímidas e camiñou cara o ascensor rosmando que non eran uns meniños para andaren con semellantes alegrías.
– Xa non lle somos ninguén, señora Felisa -murmuraba Matías premendo o chamador do ascensor.
Aquel momento de espera, ata que o ascensor chegaba, era un tempo feliz para Felisa. Era un conxuro contra non ser ninguén. A salvación da nada. Ficaban calados, mirando o teito. Do teito, atravesando os pisos do edificio, descendería a posibilidade da separación e a doce felicidade do soño cando, ao se separaren, pensasen o un no outro. Felisa cría realmente que as cousas estaban ben así, e ao señor Matías parecíalle que era o mellor que podía pasarlles: atoparse e separarse varias veces ao día e que nada fose permanente. A mobilidade salvábao tamén a el da contundencia da nada.
– Teño que subir. A señora está soa -xustificouse Felisa cando a porta do ascensor principiou o rito da separación. Subía e unha presada de alfinetes remexéronselle no estómago. Remirouse no espello, sorriu e pensou que aínda estaba viva. Aínda lle acaía ben a cor vermella do carmín.
__
Do libro Así nacen as baleas.

Comentarios desactivados en Anxos Sumai: doce felicidade

Dec 13 2011

Chumona

Published by under latín dos canteiros

Alegría


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Chumona

Dec 11 2011

Enxontrar

Published by under latín dos canteiros

Atopar


__
Foto de Maya Goded

Comentarios desactivados en Enxontrar