Archive for Marzo, 2012

Mar 20 2012

Cachado II

Published by under abismado


__
Bos Aires

Comentarios desactivados en Cachado II

Mar 17 2012

Mercando peixe

Published by under palpuxeando

Como todos os sábados, Carme está no posto de peixe de Rosario decidindo que levará, aínda que sabe que acontecerá o de sempre: ao final mercará o que Rosario queira. As primeiras veces, Carme discutía un pouco con ela pero deixou de facelo perante a grande argumentación de “déixate guiar, mira que che dou o menú feito para tres días, deberías agradecerme non ter que pensalo”. Aínda así, cada sábado, facían o ritual de sempre.
– ¿Que che poño, miña nena?
– Vou levar esa pescada, un quilo de rapantes e outro de xurelos.
– Xurelo si, pero para facer ao forno. No sitio da pescada, castañeta, que mira que ollos ten. E linguados, que aínda che están vivos.
Rosario limpa o peixe mentres lle pregunta a Carme pola súa nai, polo traballo… o caso é parolar. Achéganse ao posto dúas mulleres falando. A Carme e a Rosario dalles tempo de escoitar:
– … con todo o que temos enriba e el, así que me meto na cama, xa quere festa.
– Sonche así, eles só pensan niso. Mira, ten a pescada a bo prezo e parece fresca.
Rosario, concentrada na limpeza do peixe, di:
– Canto mellor nos iría a nós se ao irmos para a cama só pensasemos en querer festa.
As mulleres miran para Rosario, míranse entre elas e marchan. A Carme dálle a risa.
– Creo que perdeches de vender.
– ¡Diso nada! Perderon elas de comprar, que non é o mesmo.

Comentarios desactivados en Mercando peixe

Mar 15 2012

Xombrar

Published by under latín dos canteiros

Mercar


__
Imaxe do mercado de Mungia, cidade lenta do País Vasco. Atopada aquí

Comentarios desactivados en Xombrar

Mar 13 2012

Xamardo

Published by under latín dos canteiros

Peixe


__
Imaxe atopada aquí

Comentarios desactivados en Xamardo

Mar 02 2012

Man pausada

Published by under palpuxeando

I want a man with a slow hand
I want a lover with an easy touch
I want somebody who will spend some time
Not come and go in a heated rush
I want somebody who will understand
When it comes to love I want a slow hand (*)

Recordo a Isabel cantando sempre este anaco de melodía logo dalgún longo silencio. Divertíame que o fixese e divertíame máis pensar que era unha especie de pregaria in-consciente ao universo. Chamoume hai uns días e no medio da parola falamos do seu compañeiro, co que leva vivindo cinco anos. Non puiden evitar preguntarlle se era o home de man pausada que tanto pedira. Contestoume que si, no medio das risas que botamos, engadindo unha morea de virtudes que anubraban os defectos enumerados para rematar dicindo que o mellor de todo era que dende que o coñecera a ela íalle de marabilla, que era o seu talismán, que todo lle saía ben. Ao escoitala dicir o de todo lle saía ben a miña cabeza fixo un repaso das desfeitas que me aconteceron nos últimos tempos e deseguido pensou aquilo de “por que carajos non lle faría os coros cando ela cantaba? Só cos coros daría abondo para ter menos desfeitas, non si?”.
__
(*) Da canción Slow hand, The Pointer sister
Quero un home de man pausada
quero un amante de doce tacto
quero alguén que me adique tempo
que non veña e marche ás présas.
Quero alguén que entenda
que, tratándose de amor, quero unha man pausada.

Comentarios desactivados en Man pausada