chirimboleiraArchive for the '' Category

Mar 20 2011

Uns bitles

A nena está xogando no xardín coa súa boneca, a Nicoleta, e o can. Ás veces o can fai de cabalo que a boneca monta para dar unha volta. Da habitación de Lito sae unha música que a nena nunca escoitara. Arrastra unha cadeira ata a ventá e sobe a ela para ver o que acontece. Lito está movéndose arredor dunha cousa que ela nunca vira.
– ¿Que é iso?
– Son os Beatles.
– Bitles. ¿Mercáchelos?
– Si.
– Quero subir ao cabalo coa Nicoleta, ¿axúdasme?
O mozo non contesta. Ela baixa da cadeira e vai correndo a contarlle á boneca que agora Lito non pode subilas ao cabalo. Pola ventá sae a mesma música unha e outra vez. A nena déitase na herba e, seguindo o compás coa cabeza, súmase ao coro:
– …llelousandurin… llelousandurin… llelousandurin… güiol libin… llelousandurin… llelousandurin…
A nai da nena sae da casa para tender a roupa. Ela, ao vela, levántase dun chimpo.
– Mamaíña, cando vaiamos á tenda ¿podes comprarme unha cousa? Eu quería uns bitles…

Comentarios desactivados en Uns bitles

Xan 20 2011

Alfredo Le Pera: Volver

Yo adivino el parpadeo
de las luces que a lo lejos,
van marcando mi retorno.
Son las mismas que alumbraron,
con sus pálidos reflejos,
hondas horas de dolor.
Y aunque no quise el regreso,
siempre se vuelve al primer amor.
La quieta calle donde el eco dijo:
“Tuya es su vida, tuyo es su querer”,
bajo el burlón mirar de las estrellas
que con indiferencia hoy me ven volver.

Volver,
con la frente marchita,
las nieves del tiempo
platearon mi sien.
Sentir, que es un soplo la vida,
que veinte años no es nada,
que febril la mirada
errante en las sombras
te busca y te nombra.
Vivir,
con el alma aferrada
a un dulce recuerdo,
que lloro otra vez.

Tengo miedo del encuentro
con el pasado que vuelve
a enfrentarse con mi vida.
Tengo miedo de las noches
que, pobladas de recuerdos,
encadenan mi soñar.
Pero el viajero que huye,
tarde o temprano detiene su andar.
Y aunque el olvido que todo destruye,
haya matado mi vieja ilusión,
guarda escondida una esperanza humilde,
que es toda la fortuna de mi corazón.
__
Letra do tango Volver

Comentarios desactivados en Alfredo Le Pera: Volver

Xul 15 2010

Cancións de amor

Ás veces, as ceas de colegas rematan cos cafés e as cancións tradicionais. Nesta acabaron cunha pseudo-psicanálise. Todo empezou porque alguén dixo que levaba días co Yesterday na cabeza.
– ¿Así que ti eras das beatleiras?
– Non tanto, pero esa era a miña canción de amor.
Sempre hai, nestes casos, quen non pode evitar facer propostas:
– ¿E que vos parece se cada un vai dicindo a súa canción de amor? A ver cantas coincidencias hai.
Ela pensou que tiña moitas. ¿Cal escoller? Por alí apareceron Brel, Milanés, Silvio, Collins, Serrat, Aute, os Rolling, Baglioni, Llach… Aquilo semellaba o das respostas do Un, dos, tres.
El só escoitaba, ata que alguén se decatou:
– Que caladiño estás, e a túa ¿cal é?
– Corazón contento.
– ¿Corazón contento? ¿Quen cantaba iso?
– Marisol.
Gargallada xeral. Ela riu máis, coñecía ben as argumentacións que daría. Cando remataron as risas, chegou a psicanálise: ¿namorácheste a primeira vez con esa canción?, en realidade ti estabas namorado de Marisol, ¿algunha nena que che gustaba parecíase a ela?, etc. Ata que falou o experto:
– Tes que recoñecer que esa non é unha canción de amor. Toda canción de amor que se teña por tal ten unhas características: un amor non correspondido, un abandono ou o que pasaría nun hipotético abandono, un amor a distancia, eloxios á persoa amada… E todo nun ton melódico, non a ritmo de verbena.
– Esas características que dis son máis de desamor. En canto ao ritmo… imos ver, cando vos namorades ¿estades alegres ou melancólicos? Eu son dos que me poño contento e desbordo alegría, ¡que lle vou facer! A miña canción de amor é Corazón contento, ¿algún problema?

Comentarios desactivados en Cancións de amor