xambreadeira http://xambreadeira.blogaliza.org a imaxinación non paga entrada Wed, 11 Jul 2012 09:59:52 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Pedro Oom: Actuação escrita http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/07/11/pedro-oom-actuacao-escrita/ Wed, 11 Jul 2012 09:59:52 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1632 Pode-se escrever

Pode-se escrever sem ortografía
Pode-se escrever sem sintaxe
Pode-se escrever sem português
Pode-se escrever numa língua sem se saber essa língua
Pode-se escrever sem saber escrever
Pode-se pegar na caneta sem haver escrita
Pode-se pegar na escrita sem haver caneta
Pode-se pegar na caneta sem haver caneta
Pode-se escrever sem caneta
Pode-se sem caneta escrever caneta
Pode-se sem escrever escrever plume
Pode-se escrever sem escrever
Pode-se escrever sem sabermos nada
Pode-se escrever nada sem sabermos
Pode-se escrever sabermos sem nada
Pode-se escrever nada
Pode-se escrever com nada
Pode-se escrever sem nada

Pode-se não escrever
__
Do libro Cen poemas portugueses do riso e do maldizer (Terramar)

]]>
Niente http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/06/26/niente/ Tue, 26 Jun 2012 13:09:34 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1634 Nada

]]>
Cuvicar http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/06/23/cuvicar/ Sat, 23 Jun 2012 21:35:48 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1638 Saber


__
Atenea, deusa da sabiduría. Imaxe atopada aquí

]]>
Cachado III http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/05/13/cachado-iii/ Sun, 13 May 2012 12:16:57 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1856 Auténticas Spanish fly

__
Essaouira (Marrocos)

]]>
Non todas as moscas serven http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/05/11/non-todas-as-moscas-serven/ Fri, 11 May 2012 11:38:09 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1644 O derradeiro día das vacacións adoito dedicalos ás compras que quedaron sen facer coa nostalxia xa instalada no corpo e obrigando aos ollos a filmar, de novo, os sitios onde tan ben o pasei. Case nunca coinciden estes cos lugares das compras, pero desta volta si, pois aínda me esperaban unhas risas no posto de tés e especias no mercado de Essaouira. Alá fun mercar unha combinación de herbas que daban como resultado unha infusión ben saborosa e sobre todo enerxética. Acompañábame unha rapaza que falaba francés e algo de árabe, cousa imprescindible para facerme entender. Fixo o pedido, tal como nos dixera o seu mozo, cunha mestura de palabras árabes e francesas que lle sorprenderon moito ao home do posto pois os estranxeiros non coñeciamos esa infusión. A rapaza explicoulle por que a coñeciamos engadindo que era para min. Preparou paquetiños coas diferentes herbas mentres falaba e dubidei das palabras soltas que cría escoitar: spanish fly, afrodisiac, tré bien, madame… Pregunteille á miña acompañante se nos estaba a vender un afrodisíaco ao que ela asentiu. Pensei que o de spanish fly non me cadraba. Estaba a rir de min mesma polo mal que pillara as cousas, cando o home abre un bote e bota na súa man unhas cantas moscas repetindo o de afrodisiac spanish fly convidándonos a compralas, que seica era moi bo. A rapaza torceu a cara cun xesto de noxo mentres eu preguntaba o de se seguro que eran spanish fly ao que respondeu cun authentiques e co sorriso de triunfador na venda alumeando a súa cara. Nese momento veume á cabeza “As mamás matamoscas” (do libro Melodía de días usados) e para sorpresa da rapaza pedinlle que fose traducindo as miñas preguntas. Á de como se tomaban contestou que machucándoas e botándoas en calquera bebida. Á de se de verdade producían efecto dixo, todo fachendoso, que si, que el xa o probara. Á de canto custaban respondeu que non eran baratas. Entón fíxenlle unha proposta: que onde eu vivía había moitas spanish fly, que as nais en xeral eran grandes cazadoras de moscas cos panos da cociña, cos mandís, co que fose e que non as esmagaban (este sempre foi un misterio para min, co golpe que lles daban e morrían enteiras), co cal eu podería xuntalas, mandáballas e iamos a medias co negocio. Botou a rir e aceptou o trato coa condición de que as probase antes, non fora ser que non valesen, porque xa se sabe: non todas as moscas teñen as mesmas propiedades.

]]>
Jumarreira jiche http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/05/10/jumarreira-jiche/ Thu, 10 May 2012 14:40:08 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1648 Mosca


__
Imaxe atopada aquí

]]>
Chumeira http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/05/09/chumeira/ Wed, 09 May 2012 16:47:18 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1653 Bebida


__
Imaxe atopada aquí

]]>
Fatiga de libros http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/04/30/fatiga-de-libros/ Mon, 30 Apr 2012 20:51:25 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1825 Houbo unha época na que me desaparecían libros. En realidade era eu a culpable por emprestalos. Pero ¿que facer cando o reclamas e contestan que non llo deixaches? ¿E que facer coa rabia que che entra cando acontece cunha edición imposible de conseguir? “Reciclala —dicía un amigo meu— podes transformala en empeño; con rabia non vas conseguir nada e con empeño igual si”. Seguindo o seu consello decidín artellar estratexias para recuperalos. Poucas veces o conseguín, pero o empeño debía quedar ben instalado na miña cabeza pois, co tempo, atopaba o libro na mesma edición. A primeira vez que pasou foi en Barcelona, nunha librería de vello na que estaban facendo expurgo para tirar ou saldar libros estragados de máis. Eu estaba enfronte dun andel vendo o que alí había cando un dos empregados achégase cunha morea de libros deixándoa ao meu carón. Fixeime no lombo dun deles e resultoume coñecido. Ao velo ben levei unha alegría: era a mesma edición dun dos emprestados e xamais devoltos. Saquei todos os libros que estaban enriba mentres o empregado non deixaba de mirarme. Cando chegou onda min xa case rematara de colocar todo como estaba e antes de que abrise a boca dixen que me levaba ese libro. Achegueime ao mostrador para pagalo e o libreiro, di:
Este está fatigado, espere que le busco otra edición —e marchou sen darme tempo a preguntarlle que quería dicir co de “fatigado”. Ao velo regresar con outro máis “novo” entendino.
Este está mejor —di.
Si, pero yo quiero este —dixen collendo o outro e con intención de non soltalo.
Este está practicamente nuevo y ese, es de los más fatigados, como ya le dije.
—Ya, pero yo quiero este porque esta edición era la que yo tenía y lo presté y nunca más supe de el y no me importa que esté cansado, agotado, muy fatigado o lo que sea. Quiero este.
—¡No se hable más!
—dixo mentres metía o libro nunha bolsa.
Meses máis tarde volvín pola librería: é visita obrigada cando vou a Barcelona. Ao entrar saudei ao libreiro e contestou ao saúdo engadindo:
Por si le interesa, al fondo a la derecha hay un cajón de libros muy pero que muy fatigados.

]]>
George Steiner e os libros http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/04/29/george-steiner-e-os-libros/ Sun, 29 Apr 2012 20:58:06 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1765 … en cada libro hay una apuesta contra el olvido, una postura contra el silencio que solo puede ganarse cuando el libro vuelve a abrirse. Todo lector auténtico, arrastra consigo el eco regañón de la omisión, de las estanterías de libros por los que ha pasado a toda prisa, de los libros sobre cuyos lomos ha pasado los dedos con ciego apresuramiento… los libros abiertos… nos llaman de forma silenciosa.
__
Do libro Pasión intacta (Siruela)

]]>
Elias Canetti e os libros http://xambreadeira.blogaliza.org/2012/04/28/elias-canetti-e-os-libros/ Sat, 28 Apr 2012 09:29:47 +0000 http://xambreadeira.blogaliza.org/?p=1769 Hay libros que tenemos a nuestro lado veinte años sin leerlos, libros de los que no nos alejamos, que llevamos de una ciudad a otra, de un país a otro, cuidadosamente empaquetados, aunque haya muy poco sitio, y que tal vez hojeamos en el momento de sacarlos de la maleta; sin embargo, nos guardamos muy bien de leer aunque sólo sea una frase completa. Luego, al cabo de veinte años, llega un momento en el que, de repente, como si estuviéramos bajo la presión de un imperativo superior, no podemos hacer otra cosa que coger un libro de estos y leerlo de un tirón, de cabo a rabo: este libro actúa como una revelación. En aquel momento sabemos por qué le hemos hecho tanto caso. Tenía que ocupar sitio, tenía que ser una carga, y ahora ha llegado a la meta de su viaje; ahora levanta su vuelo; ahora ilumina los veinte años transcurridos en los que ha vivido mudo a nuestro lado. No hubiera podido decir tantas cosas si no hubiera estado mudo durante este tiempo, y qué imbécil se atrevería a afirmar que en el libro hubo siempre lo mismo.
__
Do libro La provincia del hombre (Taurus Ediciones)

]]>